Historia

Máis de 30 anos ensinando música e a danza galega

A escola de Música e Danza Tradicional votou a andar no ano 1984 cun grupo de baile e un pequeno grupo de acompañamento formado por gaitas e percusión. Esta foi a primeira semente que deu lugar ás diferentes formacións que funcionan actualmente.

Ademais das tres agrupacións citadas anteriormente a nosa escola conta con diferentes formacións de baile, gaita e pandeireta. Contamos cun alumnado moi variado que abarca dende os tres anos ata os 65.

Clases de Música

A escola céntrase nos instrumentos de vento e percusión, pero estamos abertos a ofertar outro tipo de instrumentos se a demanda é suficiente

Clases de Gaita e Percusión en S.R. Calo

Clases de Gaita e Percusión

Hai clases de gaita e percusión dende iniciación ata grupos con niveis máis avanzados como son “Os Roncos” e os “Herdeiros” dirixidos por Xesús Rodríguez .

Clases de Pandeireita

En pandeireta tamén contamos con diferentes grupos de distintas idades, “Alfaia”, “Azaloira” e “Areliñas”.

Clases de Baile Tradicional

En baile tradicional temos un grupo ata os 10 anos, “Alfaia”, outro ata os 17 “Azaloira” e un de nova creación de iniciación para adultos.

Nosos mestres e mestras

Os mestres e mestras que imparten estas clases son todos compoñentes dos grupos máis avanzados que se formaron nas nosas escolas dende moi pequenos. Moitos deles teñen estudios musicais de Grao Profesional e tamén contamos con graduados en Educación Infantil e Educación Primaria pola USC.

Información relevante

Horarios

Neste momento os horarios son

Días
– Vernes pola tarde
– Sábados pola tarde

Ubicación:
Local social da SR.

Inscripcións

Se estades interesados en algunha destas actividades non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
Ao igual que na escola da banda, nesta escola tamén temos instrumentos e traxes tradicionais para emprestar ao noso alumnado e que as dificultades económicas non sexan as causantes de que algunha persoa deixe de practicar as súas afeccións.

Galería de Imaxes