Historia
Máis de 30 anos ensinando música e a danza galega
A escola de Música e Danza Tradicional votou a andar no ano 1984 cun grupo de baile e un pequeno grupo de acompañamento formado por gaitas e percusión. Esta foi a primeira semente que deu lugar ás diferentes formacións que funcionan actualmente.
Ademais das tres agrupacións citadas anteriormente a nosa escola conta con diferentes formacións de baile, gaita e pandeireta. Contamos cun alumnado moi variado que abarca dende os tres anos ata os 65.
Clases de Música
A escola céntrase nos instrumentos de vento e percusión, pero estamos abertos a ofertar outro tipo de instrumentos se a demanda é suficiente
Clases de Solfexo
Estas clases céntranse en mellorar a túa comprensión e habilidade para tocar e cantar música
Preparación das probas de Grado
Preparamos, aos que o desexen, para presentarse ás probas de ingreso no Grao Profesional de Música
Información relevante
Horarios
Neste momento os horarios son
Días
– Vernes e o martes pola tarde
– Sábado pola mañá
Ubicación:
Local social da SR.
Inscripcións
Para máis información non dubides en poñerte en contacto con nós por calquera dos medios que especificamos nesta páxina ou pasar polas nosas instalacións os venres pola tarde ou os sábados pola mañá.
Estamos abertos a calquera proposta de instrumento ou de horarios sempre que sexa posible.